18/3/10

[ollo ao piollo] volvo

xa choveu desde a última entrada deste blog, pero esta telaraña segu no lugar de sempre. é a araña a que é preguiceira, procrastinadora e enredante e a que non se digna a pasar por aquí. non será que un blog de primavera-verán que pecha no outono-inverno polo frío, ou iso intentarei.

o caso é que de agosto a marzo pasaron uns sete meses nos que as redessociais non deixaron de cambiar e cambiar: Google lanzou unha onda xigante que non acabou de chegar á costa, e nos últimos tempos decantouse polos zumbidos. Facebook non deixou de xogar coa privacidade e cos seus cambios no deseño. Twitter fíxose maior e busca aínda facerse meirande. Tuenti decidiu seguir cambiando de traxe e darlle ás linguas cooficiais. Spotify fíxose móbil, como case tódalas anteriores... e apareceron as redessociais con xeolocalización como Foursquare... e Chatroulette

e agora que vos actualicei a información, poderei seguirvos contando a historia