25/5/09

[arañeiras] de odios, malos rollos, etc.


todo o mundo sabe que aos inimigos hai que telos máis pegados aínda que aos propios amigos. en tódolos sitios, incluso nas redes sociais. por iso, humanos rancorosos, hoxe a araña fálavos de redes sociais [aka arañeiras] adicadas en exclusiva á manifestación de odio contra outras persoas, sexan anónimas ou famosas. grazas Jaime por pasarme este interesante artigo.

podemos diferenzar dous tipos de aplicacións: as redes sociais propiamente ditas ou as aplicacións que se engaden a unha determinada rede social para outorgarlle novas funcionalidades. así, na primeira categoría atopamos a ifuckinghateyou, con cinco anos de existencia e perto de 8000 perfiles. os amigos en ifhy só se poden agregar tendo un mínimo común de persoas odiadas, a diferenza que nas redes sociais 'convencionais'. neste apartado tamén se atopa myfrienemies, con características semellantes á anterior, pero que promete ademáis manter o anonimato do usuario.

como engadido para facebook destaca enemybook, unha aplicación que permite agregar inimigos e ver os inimigos de tódolos contactos. intégrase á perfección tanto co perfil, creando listas de inimigos, como co aspecto da rede social, sendo moi sinxelo de manexar.

20/5/09

[must!] the corporate weblog manifesto


son unha araña privilexiada. fun condecorada, mencionada, paseada e citada nos blogs dalgúns dos meus compañeiros. eternamente agradecida a miña personaxe virtual e eternamente agradecido eu mesmo.

pero falando de blogs e das relacións entre os mesmos, esta semana chegou ao meu lector de feeds, procedente do blog de Raúl Ordóñez [CFO de Bitácoras.com, máis coñecido na rede como Jasp], unha entrada que contiña o The Corporate Weblog Manifesto.

The Corporate Weblog Manifesto foi escrito por Robert Scoble, gurú dos blogs e autor do blog Scobleizer, no ano 2004. nel recóllense 20 consellos, recomendacións ou obrigas que todo blogueiro debería respectar e aplicar en tódalas bitácoras que xestiona. lectura obrigada, a pesar de que se atope en inglés.

tómome a licenza de transcribir a norma número 1, unha das máis importantes.
di a verdade. toda a verdade. nada máis que a verdade.
se o teu competidor ten un produto que é mellor que o teu, lígao. será mellor. atoparémolo de tódolos xeitos.

18/5/09

[virtuosos vol.3] colorismo

hoxe este blog énchese de cor, a pesar de que a miña vista de araña sexa tan pobre que non me deixe apreciar tanta riqueza visual como apreciades vós, os [miopes] humanos. envéxovos

ninguen dubida que as redes sociais son tamén marcas. os logotipos e as súas cores, logo das características propias da mesma, son as súas notas diferenciais. seguro que sodes capaces de asociar algunhas das cores da imaxe que acompaña esta entrada coa súa correspondente rede social, eu non dou pistas.

pero xa chega de discurso deste colorinchis! hoxe toca falar doutro virtuoso, ou virtuosa neste caso, que se dedica a falar de virtuosos. non, non é redundancia. hoxe esta telaraña ten o gusto de falar de colorismo, o blog da miña compañeira Marta López [@martolas].

a súa primeira entrada foi tan clara e concisa que non enchería nin un twitt: "nuevos creadores emergentes en relación con el mundo de las redes sociales", reza a entrada de fondo, que define claramente o contido do blog. a súa presentación, paradoxicamente, recorre ao gris e á austeridade, o que fai que as imaxes tan coloristas dos artistas, estratexicamente situadas, chamen a atención do lector.

ademáis, o tema do seu blog está intimamente ligado con este: tódolos creadores que sinala exprésanse nas redes sociais. case todos teñen flickr, myspace ou fotolog, ao igual que a súa propia autora.

excelente blog [ou redesocial] que non debe faltar en ningún Google Reader e/ou lector de feeds

16/5/09

[ollo ao piollo] Informe sobre o estado da blogosfera hispana 2009

os humanos non parades de facer análises da vosa especie. que se debates sobre o estado da nación, que se programas do corazón... e tamén analizades os blogs

así, Bitácoras.com vén de presentar o Informe sobre o estado da blogosfera hispana 2009, o primeiro que edita a maior rede social para blogueiros en español. establécese así o perfil do blogger hispano. [servidor cumple algúns dos requisitos :P]


6/5/09

[ollo ao piollo] tuenti redeséñase


o día pintaba mal, pero hai uns minutos o meu xesto de tristeza pasou a alegría ao iniciar sesión en tuenti coa miña conta. un novo deseño de tuenti, do que souben vía twitter, aparecía na pantalla do meu mac dándome a benvida.

Estamos sacando una nueva versión para hacer Tuenti aún mas fácil de usar.

Has sido elegido como parte de un pequeño número de usuarios para probar la primera versión beta del nuevo diseño y poder darnos tu opinión.

Por favor, ten en cuenta que está todavía en una fase temprana de desarrollo y aún puede haber algunos cambios sobre los que estamos trabajando.

Por favor, envíanos todos tus comentarios en el enlace en la barra de arriba.


o que puiden probar da nova versión gustoume. o deseño a simple vista lembra ao deseño actual de facebook, pero tamén achega novas funcionalidades e cambios: o número de fotos que aparece no perfil pasa de oito a dez, a pantalla principal mostra as primeiras palabras dos comentarios, os eventos presentan un gráfico de estatísticas, elimínase dos estados o verbo está... cando o probe máis en profundidade teredes noticias miñas.

atentos as próximas semanas!