16/2/09

[criando telarañas] fotolog

á marxe de pasar parte do tempo asustando a algúns humanos, a nosa vida consiste basicamente en facer arañeiras. si, arañeiras, lestes ben. digamos que telaraña está un pouco mal dito en galego. cousas de arañas, que nos levamos mal cos dicionarios.

a nosa nova urbanización témola establecida nas redes sociais, onde xa dispoñemos dunhas cantas arañeiras. hoxe vouvos falar da que denominamos fotolog, situada nese lugar onde milleiros de humanos adolescentes colgaban as súas fotos emo, as fotos dos botellóns e as tremendísimas dedicatorias en datas sinaladas. e digo colgaban porque esta rede xa non é o que era. redes sociais como tuenti ou facebook absorberon e ampliaron a súa principal función, publicar imaxes tomadas polos humanos máis novos, e leváronlles os usuarios!

na súa opción gratuíta e básica, fotolog só deixa subir unha imaxe diaria, na que como máximo poderán comentar vinte usuarios. tuenti, por exemplo, non ten nin límite diario de subida de imaxes nin de comentarios en cada unha delas. aquí é, como din en fullflog, onde se demostra a clara intención lucrativa desta rede social en decadencia: quitar a publicidade e pasar os límites custa diñeiro.

para os humanos interesados nos números, nunha enquisa realizada recentemente en genbeta para saber cal foi a mellor rede social do 2008, fotolog quedou en último lugar cun 4% dos votos.

ai! se ao final as arañas teremos que facer conta en facebook para ver fotos de humanos...!

7 comentarios:

  1. Y sin embargo sigue siendo mi favorita. Es como (si así quieres plantearlo, claro) un diario con imagenes.

    Una pena su devaluación.

    ResponderEliminar
  2. como dirían os apuntes de TXI, o fotolog contribuíu á "trivialización da imaxe". a min sigue gustándome, pero hai que recoñecer que xa pasou a súa hora...

    ResponderEliminar
  3. El fotolog ha degenerado porque el mal uso se ha apoderado de él. Sus características son buenas aunque limitadas. Estoy de acuerdo con colirismo, es un diario con imágenes.

    ResponderEliminar
  4. precisamente creo que aí é onde está o problema, que a xente non o enfoca como dicides vós, como un diario con imaxes...
    triste, pero haberá que irse preparando para o seu enterro...

    ResponderEliminar
  5. un dos problemas de fotolog ao meu parecer e que o seu deseño e estático e non se pode customizar...

    ResponderEliminar
  6. si que é customizable, pero para conseguir a modificación "completa" tes que pagar unha suscrición... cartos, cartos! todo é polos cartos!

    ResponderEliminar
  7. Anónimo3/3/09 09:53

    Sea o no sea ahora la página moda, el fotolog lo fue, y creo que el favorito de muchas personas.

    ResponderEliminar