Mostrando entradas con la etiqueta fotolog. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fotolog. Mostrar todas las entradas

18/5/09

[virtuosos vol.3] colorismo

hoxe este blog énchese de cor, a pesar de que a miña vista de araña sexa tan pobre que non me deixe apreciar tanta riqueza visual como apreciades vós, os [miopes] humanos. envéxovos

ninguen dubida que as redes sociais son tamén marcas. os logotipos e as súas cores, logo das características propias da mesma, son as súas notas diferenciais. seguro que sodes capaces de asociar algunhas das cores da imaxe que acompaña esta entrada coa súa correspondente rede social, eu non dou pistas.

pero xa chega de discurso deste colorinchis! hoxe toca falar doutro virtuoso, ou virtuosa neste caso, que se dedica a falar de virtuosos. non, non é redundancia. hoxe esta telaraña ten o gusto de falar de colorismo, o blog da miña compañeira Marta López [@martolas].

a súa primeira entrada foi tan clara e concisa que non enchería nin un twitt: "nuevos creadores emergentes en relación con el mundo de las redes sociales", reza a entrada de fondo, que define claramente o contido do blog. a súa presentación, paradoxicamente, recorre ao gris e á austeridade, o que fai que as imaxes tan coloristas dos artistas, estratexicamente situadas, chamen a atención do lector.

ademáis, o tema do seu blog está intimamente ligado con este: tódolos creadores que sinala exprésanse nas redes sociais. case todos teñen flickr, myspace ou fotolog, ao igual que a súa propia autora.

excelente blog [ou redesocial] que non debe faltar en ningún Google Reader e/ou lector de feeds

8/4/09

[virtuosos vol.1] descubrimentos

as redes sociais non son cousa de arañas, pero si que poden ser cousa de artistas. na rede podemos atopar auténticos virtuosos das artes. eu só me vou limitar a falar dos casos máis coñecidos e relevantes, pero a miña compañeira Marta descubriravos cor a cor no seu blog os novos creadores que están dando que falar.

no campo fotográfico topamos cun caso excepcional, o de Gerard Estadella, coñecido na rede polo pseudónimo icanteachyouhowtodoit, o seu identificador en myspace, fotolog e flickr. este rapaz de 28 anos estudou Publicidade e Relacións Públicas e exerce de DJ e fotógrafo nas festas máis glamourosas, facetas que o fixeron saltar á fama coa publicación de todo este material no seu blog. participa en revistas de moda, ademáis de na súa web persoal, e foi o fotógrafo da campaña spring-summer'08 de Pull&Bear.

no campo musical damos con Lourdes Hernández, máis coñecida como Russian Red. o seu periplo na rede comezou facendo amigos en myspace, ata que locales madrileños a chamaron para que tocara nas súas noites de micro aberto. grazas a isto tamén gravou o seu primeiro disco, I love your glasses, con grandes éxitos de crítica e ventas, púxolle música a un anuncio de xeados e converteuse en imaxe dunha firma de roupa.

16/2/09

[criando telarañas] fotolog

á marxe de pasar parte do tempo asustando a algúns humanos, a nosa vida consiste basicamente en facer arañeiras. si, arañeiras, lestes ben. digamos que telaraña está un pouco mal dito en galego. cousas de arañas, que nos levamos mal cos dicionarios.

a nosa nova urbanización témola establecida nas redes sociais, onde xa dispoñemos dunhas cantas arañeiras. hoxe vouvos falar da que denominamos fotolog, situada nese lugar onde milleiros de humanos adolescentes colgaban as súas fotos emo, as fotos dos botellóns e as tremendísimas dedicatorias en datas sinaladas. e digo colgaban porque esta rede xa non é o que era. redes sociais como tuenti ou facebook absorberon e ampliaron a súa principal función, publicar imaxes tomadas polos humanos máis novos, e leváronlles os usuarios!

na súa opción gratuíta e básica, fotolog só deixa subir unha imaxe diaria, na que como máximo poderán comentar vinte usuarios. tuenti, por exemplo, non ten nin límite diario de subida de imaxes nin de comentarios en cada unha delas. aquí é, como din en fullflog, onde se demostra a clara intención lucrativa desta rede social en decadencia: quitar a publicidade e pasar os límites custa diñeiro.

para os humanos interesados nos números, nunha enquisa realizada recentemente en genbeta para saber cal foi a mellor rede social do 2008, fotolog quedou en último lugar cun 4% dos votos.

ai! se ao final as arañas teremos que facer conta en facebook para ver fotos de humanos...!