8/3/09

[arañeiras] os blogs, ou como se diga


diferentes nomes [blogs ou bitácoras], diferentes pronuncias e formas de escribir unha mesma palabra segundo a lingua [blogue, bló, blog] e confusións con palabras semellantes como bloc. unha rede social moi complicada para nós as arañas.

mesmos fios pero diferentes tecidos, que diríamos nós. a cuestión está en escribir, de miles de formas e con idas de olla para tódolos gustos sobre calquera tema. os blogs persoais abundan, pero hainos de practicamente calquera cousa, incluso blogs de blogs como o da miña amiga Rachel. logo están os comerciais, nos que unha serie de escritores cobran unha certa cantidade mensual segundo o número de post que escriben sobre un tema determinado. a empresa española WeblogsSL xestiona máis de trinta blogs con diferentes temáticas que van desde apple ata a música pasando pola televisión.

e no ámbito que lles ocupa aos meus queridos homo sapiens sapiens publicitarios, os blogs tamén se poden empregar como estratexia de comunicación publicitaria. O blog dun hotel, creado por unha compañía para dar a coñecer un dos seus novos hotéis contando día a día a súa construción e ofrecéndolles aos seus lectores ofertas e descontos pode ser un bo exemplo. Tamén vodafone, como sinala a miña compañeira Merce, empregou nunha das súas últimas campañas un blog para dar a coñecer toda a acción publicitaria.

e esta araña que vos fala non lles deixa de botar ollo a varios blogs, entre os que se atopan os que vos sinalo abaixo, ademáis dos dos publicitarios da xeración OMB!

en error500 Antonio Ortiz, co-fundador de WeblogsSL, fálanos de redes sociais desde un punto de vista tecnolóxico e empresarial. nesta bitácora, cun coidado deseño en sintonía co resto de blogs da súa rede comercial, chama a atención a substitución do blogroll polos compartidos do autor en Google Reader. a comunidade do blog está chea de blogueiros hispanos que se concentran nas entradas que axudan a mellorar a experiencia do usuario nas redes, como na entrada de Gmail na empresa. o top de bitácoras.com sitúao no número 10 en importancia na rede hispana.

a bitácora persoal de Rosa Jiménez Cano, responsable de redes sociais de ElPaís.com e autora de La Gran Guía de los Blogs 2008, está chea de apuntes e novas que vai atopando pola rede sobre as redes sociais máis importantes. entre as entradas estritamente persoais, nunha plantilla por defecto de WordPress tuneada cuns cantos widgets atopamos un gran blogroll ordenado por categorías [amigos, xornalistas, techies...]. no top hispano aparece no posto 55.

eCuaderno é unha bitácora xestionada por José Luis Orihuela, profesor da Universidade de Navarra e autor do libro La Revolución de los Blogs, sobre medios e rede que emprega tamén unha plantilla básica de WordPress para informar sobre redes sociais con imaxes, presentacións e interesantes artigos. os enlaces aos blogs fundadores e asociados atópanse non pé da páxina, e vense complementados coa interesante lista de blogs que aparece na pestana superior enlaces. atópase no posto 33 dentro do top de bitácoras.com

así que xa sabedes, con coidadiño, que vos leo! ;)

6 comentarios:

  1. Bueno bueno bueno, em veo nombrada en tu blog, pequeño telanho :)

    Me ha gustado mucho tu entrada...se verá reflejado en mi blog un dia de estos, para hacer que las "arañeiras" sean, si cabe, mas complicadas aún...

    PD:Esta mañana no me referia a este post!me refería al anterior, este todavia no lo había leido

    Un 10, señor aranho!un 10! (y para q House ponga un 10...xD)

    ResponderEliminar
  2. moitísmas grazas, señora House dos blogs!
    espero que ese 10 que me pon non sexa cousa de facerlle a pelota :P

    en canto á entrada anterior, repaseina agora e non me parece difícil de entender... será cuestión de retomala un pouco máis adiante de forma específica ou de explicarcha con calma tomando un café cun muffin ;)

    ResponderEliminar
  3. mmmm... pois, interveño!!

    :)

    ResponderEliminar
  4. la vida ahora funciona a dos bandas...hay dos vidas reales, el cara a cara y el pantalla a pantalla....

    el mundo está en la red...solo hay q fijarse en lo q le esta sucediendo a los periódicos: el papel desaparece.

    el blog es "el futuro" aunque hablar de futuro en red es arriesgar mucho.

    ResponderEliminar
  5. Xeración OMB?
    non creo k nadie fora do noso círculo sepa ke é iso!
    xdd
    e fáltanche os blogs creados para asignaturas!

    ResponderEliminar
  6. joder non sabia k publicar un comentario en blogspot fora tan dificil!!

    ResponderEliminar