17/3/09

[made in Galiza] blogaliza


teño que recoñecer que son unha araña patria. que se lle vai facer! teño un certo cariño especial polos produtos autóctonos: a herba verde galega está deliciosa, e que dicir dos bechos galegos! ai omá que ricos!

no resto do mundo coñecen Galiza polo queixo de tetilla, a tenreira galega, os percebes... pero... temos algún produto dixital de interese?! por suposto! a rede galega está en continua expansión, pero son moitos os proxectos galegos que están a inundar a rede.

hoxe tócalle o turno á blogaliza, que máis que unha rede social propiamente dita é un servizo de aloxamento de blogs. en torno aos blogs, especialmente nos galegos, créase unha gran comunidade [si, aquí xa comezamos coas arañeiras]. a comunidade galega de blogs, agrupada en torno á blogaliza, recibe un nome propio: o blogmillo.

blogaliza aparece en xaneiro de 2003 como un directorio de blogs en galego con canle de IRC e lista de correo. non foi ata o 2006 cando comezou a ofrecer servizos de aloxamento de blogs e facerse máis coñecida. algúns, como Berto Yáñez, sosteñen que o blogmillo naceu trala crise do prestige e sitúan a data da explosión de usuarios no 2005, debido ás eleccións que levaron ao cambio no goberno galego.

fonte de datos | O uso de Internet nas redes sociais de Galiza, por Berto Yáñez e María Yáñez

7 comentarios:

  1. moi interesante...terei que facer o meu blog en galego tamén...

    ResponderEliminar
  2. unha idea moi interesante e boa para crear blogs galegos, dunha plataforma galega.
    Ainda que o Logo de Blogaliza (a vaquiña azul celeste) apareceme pixelizado :/

    (correxin un erro de expresión que tinha, por eso suprimín a entrada anterior)

    ResponderEliminar
  3. Xenial que emerxa o autóctono na rede. Non sei que fago escribindo o meu en castelán.cambio logo

    ResponderEliminar
  4. paréceme xenial que escribas sobre páxinas e blogs galegos!!, seguirei mirando as túas entradas

    ResponderEliminar
  5. Me gusta tu nueva cabecera bonitiño ;)

    ResponderEliminar
  6. Mire,hectoranllo superestar, no me digas q lo mio no es un videoblog q lo se de sobre, pero ese nombre es una especie de ironia porq he puesto un VIDEO en un BLOG y punto ¬¬

    Te criticaré muchooooo ¬¬ xDDDDDDDDDD

    A mi tb me gusta tu cabecera :)

    ResponderEliminar
  7. grazas Marta! pero xa a volvín a cambiar! as horas mortas na XGN dan para moito :P

    vaaaale Reeeeeichel! vaaaaale! pero e que sabes que eu sen criticar tampouco podo estar tranquilo! deixarei que me critiques en compensación! ;)

    a respecto do galego na rede, seguirei co tema noutros posts :D

    ResponderEliminar