tradicionalmente falamos de tres poderes: o lexislativo, o executivo e o xudicial. outros din que hai catro, contando os medios de comunicación, e outros contan cinco con Internet. e cal pensades que é o poder que máis poder ten, valla a redundancia?Susan Boyle, que xa ten entrada propia na wikipedia, é o último fenómeno de masas do Reino Unido grazas a YouTube. esta desempregada de 47 anos sorprendeu a todo o seu país coa súa particular apariencia e a súa xenial voz acudindo ao programa Got Talent [así como o Tienes talento]. o seu vídeo en YouTube ten máis de 26 millóns de visitas e aparece en xornais de máis de medio mundo e incluso nos blogs máis coñecidos.
parece que xa non é necesario ir a Gran Hermano para ser famoso!
PD: quen dixo que internet NON move masas?
