Mostrando entradas con la etiqueta YouTube. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta YouTube. Mostrar todas las entradas

8/7/09

[sintonía] a canción do verán

vacacións de verán son sinónimo de traballo para a industria discográfica. festivais, concertos e verbenas son o que identifican á época estival. o verán é a estación da festa, segundo os humanos.

e comezan a aparecer as primeiras manifestacións da plaga de cancións do verán que nos espera este ano. hoxe só vos traio dúas.
a canción dos Spamboys ten moito que ver coa publicidade e coas redes sociais, posto que fala dos seus 'hobbies', entre os que podemos atopar 'enviar mails y powerpoints de gatitos', 'chatear en Nochebuena' ou 'ponerte verde en tu muro'.


a aposta de Brody é un pouco máis p0rnogeek, con frases tan informáticas á vez que pegadizas como 'tócame el Windows', 'yo soy el disco duro del amor' ou 'tu antivirus es vulgar'.


e como dixo o gran King África: "A BAILARRRRRRR!"

18/4/09

[ollo ao piollo] Susan Boyle

tradicionalmente falamos de tres poderes: o lexislativo, o executivo e o xudicial. outros din que hai catro, contando os medios de comunicación, e outros contan cinco con Internet. e cal pensades que é o poder que máis poder ten, valla a redundancia?

Susan Boyle, que xa ten entrada propia na wikipedia, é o último fenómeno de masas do Reino Unido grazas a YouTube. esta desempregada de 47 anos sorprendeu a todo o seu país coa súa particular apariencia e a súa xenial voz acudindo ao programa Got Talent [así como o Tienes talento]. o seu vídeo en YouTube ten máis de 26 millóns de visitas e aparece en xornais de máis de medio mundo e incluso nos blogs máis coñecidos.

parece que xa non é necesario ir a Gran Hermano para ser famoso!

PD: quen dixo que internet NON move masas?

15/4/09

[virtuosos vol.2] Nick Haley

queridos humanos, hoxe por fin vou falar de publicidade e redes sociais! [si, lestes ben] vale que as arañas non temos que aturar os infinitos minutos de anuncios na televisión, ou os anuncios por palabras dos xornais, pero a publicidade tamén nos interesa [e moito!]

en setembro do 2007, tres meses despois do anuncio do lanzamento do iPhone, Apple saca ao mercado o reprodutor táctil iPod touch. os blogs especializados e a prensa non deixaron de enumerar as características que o distinguían dos trebellos da competencia: facilidadade de uso, elegancia e tecnoloxía revolucionaria.

dúas semanas despois do seu lanzamento, Nick Haley, un rapaz inglés que tivo o seu primeiro mac aos tres anos, subiu un anuncio para o iPod touch que el mesmo creou empregando imaxes da web de Apple, o programa de edición da compañía californiana e a canción 'Music is my hot hot sex' do grupo brasileiro Cansei de Ser Sexy [CSS], que encaixaba perfectamente coas calidades do produto.


os milleiros de visitas do vídeo fixeron que Apple se puxese en contacto con el para realizar xunto con TBWA, a axencia de publicidade que traballa para a empresa da mazá, un remake do anuncio. Nick viaxou ata California, con tódolos gastos a cargo de Apple, e colaborou na produción do anuncio que se emitiu nas televisións estadounidenses.

fonte | New York Times