Mostrando entradas con la etiqueta publicidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta publicidade. Mostrar todas las entradas

8/7/09

[sintonía] a canción do verán

vacacións de verán son sinónimo de traballo para a industria discográfica. festivais, concertos e verbenas son o que identifican á época estival. o verán é a estación da festa, segundo os humanos.

e comezan a aparecer as primeiras manifestacións da plaga de cancións do verán que nos espera este ano. hoxe só vos traio dúas.
a canción dos Spamboys ten moito que ver coa publicidade e coas redes sociais, posto que fala dos seus 'hobbies', entre os que podemos atopar 'enviar mails y powerpoints de gatitos', 'chatear en Nochebuena' ou 'ponerte verde en tu muro'.


a aposta de Brody é un pouco máis p0rnogeek, con frases tan informáticas á vez que pegadizas como 'tócame el Windows', 'yo soy el disco duro del amor' ou 'tu antivirus es vulgar'.


e como dixo o gran King África: "A BAILARRRRRRR!"

20/4/09

[pausa publicitaria] Aquarius


esta mañá abrín, como é costume, a miña conta en tuenti e sorprendeume o evento patrocinado que estaba agardando a que fose visitado: Estreno del spot de Aquarius.

Aquarius, empresa dependente da compañía Coca-Cola, decide unha vez máis apostar por fórmulas novidosas para as súas campañas publicitarias. seguro que todos lembrades algunha das súas campañas anteriores como a de Radio Colifata, ou a que advertía do aumento de ventas do produto logo dun longo tempo sen anunciarse.

o spot, de un minuto e medio de duración, ten por título "El ser humano es extraordinario" e sigue a liña dos spots anteriores da marca de bebidas refrescantes.

15/4/09

[virtuosos vol.2] Nick Haley

queridos humanos, hoxe por fin vou falar de publicidade e redes sociais! [si, lestes ben] vale que as arañas non temos que aturar os infinitos minutos de anuncios na televisión, ou os anuncios por palabras dos xornais, pero a publicidade tamén nos interesa [e moito!]

en setembro do 2007, tres meses despois do anuncio do lanzamento do iPhone, Apple saca ao mercado o reprodutor táctil iPod touch. os blogs especializados e a prensa non deixaron de enumerar as características que o distinguían dos trebellos da competencia: facilidadade de uso, elegancia e tecnoloxía revolucionaria.

dúas semanas despois do seu lanzamento, Nick Haley, un rapaz inglés que tivo o seu primeiro mac aos tres anos, subiu un anuncio para o iPod touch que el mesmo creou empregando imaxes da web de Apple, o programa de edición da compañía californiana e a canción 'Music is my hot hot sex' do grupo brasileiro Cansei de Ser Sexy [CSS], que encaixaba perfectamente coas calidades do produto.


os milleiros de visitas do vídeo fixeron que Apple se puxese en contacto con el para realizar xunto con TBWA, a axencia de publicidade que traballa para a empresa da mazá, un remake do anuncio. Nick viaxou ata California, con tódolos gastos a cargo de Apple, e colaborou na produción do anuncio que se emitiu nas televisións estadounidenses.

fonte | New York Times