15/4/09

[virtuosos vol.2] Nick Haley

queridos humanos, hoxe por fin vou falar de publicidade e redes sociais! [si, lestes ben] vale que as arañas non temos que aturar os infinitos minutos de anuncios na televisión, ou os anuncios por palabras dos xornais, pero a publicidade tamén nos interesa [e moito!]

en setembro do 2007, tres meses despois do anuncio do lanzamento do iPhone, Apple saca ao mercado o reprodutor táctil iPod touch. os blogs especializados e a prensa non deixaron de enumerar as características que o distinguían dos trebellos da competencia: facilidadade de uso, elegancia e tecnoloxía revolucionaria.

dúas semanas despois do seu lanzamento, Nick Haley, un rapaz inglés que tivo o seu primeiro mac aos tres anos, subiu un anuncio para o iPod touch que el mesmo creou empregando imaxes da web de Apple, o programa de edición da compañía californiana e a canción 'Music is my hot hot sex' do grupo brasileiro Cansei de Ser Sexy [CSS], que encaixaba perfectamente coas calidades do produto.


os milleiros de visitas do vídeo fixeron que Apple se puxese en contacto con el para realizar xunto con TBWA, a axencia de publicidade que traballa para a empresa da mazá, un remake do anuncio. Nick viaxou ata California, con tódolos gastos a cargo de Apple, e colaborou na produción do anuncio que se emitiu nas televisións estadounidenses.

fonte | New York Times

1 comentario: