mentras vós, os humanos que me estades a ler, estades disfrutando dunha semaniña de vacacións [que ben facedes!] as arañas seguimos traballando a todo meter construíndo novas arañeiras. porque algunhas redes sociais xa non son o que eran, e senón, que llo pregunten a myspace.myspace era 'o lugar' por excelencia para os amantes da música. a decadencia de myspace, fundamentada na loita competitiva con last.fm, e agora con spotify, comeza a ser sonada. atrás quedou a súa etapa dourada, cando grupos como os Arctic Monkeys ou artistas como Mika, Lily Allen ou Russian Red conseguiron un contrato cunha discográfica a través desta páxina.
pero a súa decadencia non é un tema novo. xa no 2007 se calificaba esta rede social como 'lenta, pouco usable e interesada en facer negocio e non comunidade'. algúns usuarios, a raíz disto e mais do spam, comezaron a abandonar as súas contas en detrimento doutros servizos web con iniciativas como o día internacional de borrado de contas de myspace.
á marxe da súa decadencia, hai que destacar iniciativas como a de TVE para escoller o representante da cadea en Eurovisión, que se realizou a través desta plataforma, e que conseguiu un notable éxito de público.
