Mostrando entradas con la etiqueta myspace. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta myspace. Mostrar todas las entradas

18/5/09

[virtuosos vol.3] colorismo

hoxe este blog énchese de cor, a pesar de que a miña vista de araña sexa tan pobre que non me deixe apreciar tanta riqueza visual como apreciades vós, os [miopes] humanos. envéxovos

ninguen dubida que as redes sociais son tamén marcas. os logotipos e as súas cores, logo das características propias da mesma, son as súas notas diferenciais. seguro que sodes capaces de asociar algunhas das cores da imaxe que acompaña esta entrada coa súa correspondente rede social, eu non dou pistas.

pero xa chega de discurso deste colorinchis! hoxe toca falar doutro virtuoso, ou virtuosa neste caso, que se dedica a falar de virtuosos. non, non é redundancia. hoxe esta telaraña ten o gusto de falar de colorismo, o blog da miña compañeira Marta López [@martolas].

a súa primeira entrada foi tan clara e concisa que non enchería nin un twitt: "nuevos creadores emergentes en relación con el mundo de las redes sociales", reza a entrada de fondo, que define claramente o contido do blog. a súa presentación, paradoxicamente, recorre ao gris e á austeridade, o que fai que as imaxes tan coloristas dos artistas, estratexicamente situadas, chamen a atención do lector.

ademáis, o tema do seu blog está intimamente ligado con este: tódolos creadores que sinala exprésanse nas redes sociais. case todos teñen flickr, myspace ou fotolog, ao igual que a súa propia autora.

excelente blog [ou redesocial] que non debe faltar en ningún Google Reader e/ou lector de feeds

28/4/09

[pausa publicitaria] The Spaniard

onte deixei o meu traballo como araña durante unha horiña para asistir á conferencia que deu Marcos Chamizo, exalumno da facultade, sobre publicidade en redes sociais e que organizaron os nosos compañeiros de pont-e facebook group.

a súa presentación xirou en torno á campaña que elaboraron na súa axencia para Turismo Irlanda, a primeira neste 'soporte' tanto para anunciante e axencia. a acción publicitaria realizouse en facebook, twitter, un blog e myspace, descartando tuenti por non chegar ao público obxectivo das becas anunciadas.

o protagonista da campaña é o "bicho" que vedes na imaxe superior, The Spaniard, que é un estudante en Irlanda que vai narrando toda a súa vida e viaxes por todo o territorio. as entradas do blog tiveron gran resposta e incluso servirán de base para unha nova campaña publicitaria.

segundo as palabras de Marcos, as compañías estanse subindo ao carro da publicidade en redes sociais por ser un xeito económico de publicidade. de feito, esta campaña só supuxo para a empresa contratante o custo dos soldos dos publicitarios, pois as imaxes estaban dispoñibles na rede baixo unha licenza creative commons e os xestores de contido pódense empregar de xeito gratuíto.

a campaña tivo maior interacción no perfil de twitter, seguido do de facebook, que se viu beneficiado polos cambios que realizou na súa páxina principal, do blog e por último do de myspace, que aínda que tiña moitos amigos a maioría eran spammers.

tamén nos falou doutras accións que fará a cabo a súa axencia en redes sociais e de como afrontar a búsqueda de emprego. "traballo hai, pero hai que botarlle moita cara", dixo.

12/4/09

[criando telarañas] myspace

mentras vós, os humanos que me estades a ler, estades disfrutando dunha semaniña de vacacións [que ben facedes!] as arañas seguimos traballando a todo meter construíndo novas arañeiras. porque algunhas redes sociais xa non son o que eran, e senón, que llo pregunten a myspace.

myspace era 'o lugar' por excelencia para os amantes da música. a decadencia de myspace, fundamentada na loita competitiva con last.fm, e agora con spotify, comeza a ser sonada. atrás quedou a súa etapa dourada, cando grupos como os Arctic Monkeys ou artistas como Mika, Lily Allen ou Russian Red conseguiron un contrato cunha discográfica a través desta páxina.

pero a súa decadencia non é un tema novo. xa no 2007 se calificaba esta rede social como 'lenta, pouco usable e interesada en facer negocio e non comunidade'. algúns usuarios, a raíz disto e mais do spam, comezaron a abandonar as súas contas en detrimento doutros servizos web con iniciativas como o día internacional de borrado de contas de myspace.

á marxe da súa decadencia, hai que destacar iniciativas como a de TVE para escoller o representante da cadea en Eurovisión, que se realizou a través desta plataforma, e que conseguiu un notable éxito de público.

8/4/09

[virtuosos vol.1] descubrimentos

as redes sociais non son cousa de arañas, pero si que poden ser cousa de artistas. na rede podemos atopar auténticos virtuosos das artes. eu só me vou limitar a falar dos casos máis coñecidos e relevantes, pero a miña compañeira Marta descubriravos cor a cor no seu blog os novos creadores que están dando que falar.

no campo fotográfico topamos cun caso excepcional, o de Gerard Estadella, coñecido na rede polo pseudónimo icanteachyouhowtodoit, o seu identificador en myspace, fotolog e flickr. este rapaz de 28 anos estudou Publicidade e Relacións Públicas e exerce de DJ e fotógrafo nas festas máis glamourosas, facetas que o fixeron saltar á fama coa publicación de todo este material no seu blog. participa en revistas de moda, ademáis de na súa web persoal, e foi o fotógrafo da campaña spring-summer'08 de Pull&Bear.

no campo musical damos con Lourdes Hernández, máis coñecida como Russian Red. o seu periplo na rede comezou facendo amigos en myspace, ata que locales madrileños a chamaron para que tocara nas súas noites de micro aberto. grazas a isto tamén gravou o seu primeiro disco, I love your glasses, con grandes éxitos de crítica e ventas, púxolle música a un anuncio de xeados e converteuse en imaxe dunha firma de roupa.