12/4/09

[criando telarañas] myspace

mentras vós, os humanos que me estades a ler, estades disfrutando dunha semaniña de vacacións [que ben facedes!] as arañas seguimos traballando a todo meter construíndo novas arañeiras. porque algunhas redes sociais xa non son o que eran, e senón, que llo pregunten a myspace.

myspace era 'o lugar' por excelencia para os amantes da música. a decadencia de myspace, fundamentada na loita competitiva con last.fm, e agora con spotify, comeza a ser sonada. atrás quedou a súa etapa dourada, cando grupos como os Arctic Monkeys ou artistas como Mika, Lily Allen ou Russian Red conseguiron un contrato cunha discográfica a través desta páxina.

pero a súa decadencia non é un tema novo. xa no 2007 se calificaba esta rede social como 'lenta, pouco usable e interesada en facer negocio e non comunidade'. algúns usuarios, a raíz disto e mais do spam, comezaron a abandonar as súas contas en detrimento doutros servizos web con iniciativas como o día internacional de borrado de contas de myspace.

á marxe da súa decadencia, hai que destacar iniciativas como a de TVE para escoller o representante da cadea en Eurovisión, que se realizou a través desta plataforma, e que conseguiu un notable éxito de público.

5 comentarios:

  1. Bueno, o de Eurovisión tamén tivo moito éxito por un xenio chamado Bfn jeje

    ResponderEliminar
  2. Hai que recoñecer que Myspace é a mellor opción para grupos xoves en canto a difusión dos seus temas se trata...

    ResponderEliminar
  3. claro Brais! sen o Chikilicuatre, que empregou as redes sociais como o que máis [tumblr, twitter, facebook e myspace´] Eurovisión 2008 non sería o que foi!

    por suposto, Jaime, pero xa non está de moda. que lle imos facer!

    ResponderEliminar
  4. Por certo, Hector, ti que falas de Spotify... como se fai pra subir a túa música; porque por exemplo The Blows teñeno seu disco dispoñible. E, como di Jaime, os grupos xoves precisan onde difundirse

    ResponderEliminar
  5. ben Brais, se eres artista independente ou tes unha discográfica podes poñerte en contacto cos de Spotify aquí [http://www.spotify.com/en/work-with-us/labels-and-artists/], deixarlles o teu mail e logo eles contactan contigo. non che podo dicir como vai o sistema, porque non coñezo ninguén que o fixera.
    en todo caso, se Spotify non acepta subir as cancións por calquera motivo, sempre quedará last.fm [http://www.lastfm.es/uploadmusic?accountType=artist]

    ResponderEliminar