Mostrando entradas con la etiqueta facebook. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta facebook. Mostrar todas las entradas

25/5/09

[arañeiras] de odios, malos rollos, etc.


todo o mundo sabe que aos inimigos hai que telos máis pegados aínda que aos propios amigos. en tódolos sitios, incluso nas redes sociais. por iso, humanos rancorosos, hoxe a araña fálavos de redes sociais [aka arañeiras] adicadas en exclusiva á manifestación de odio contra outras persoas, sexan anónimas ou famosas. grazas Jaime por pasarme este interesante artigo.

podemos diferenzar dous tipos de aplicacións: as redes sociais propiamente ditas ou as aplicacións que se engaden a unha determinada rede social para outorgarlle novas funcionalidades. así, na primeira categoría atopamos a ifuckinghateyou, con cinco anos de existencia e perto de 8000 perfiles. os amigos en ifhy só se poden agregar tendo un mínimo común de persoas odiadas, a diferenza que nas redes sociais 'convencionais'. neste apartado tamén se atopa myfrienemies, con características semellantes á anterior, pero que promete ademáis manter o anonimato do usuario.

como engadido para facebook destaca enemybook, unha aplicación que permite agregar inimigos e ver os inimigos de tódolos contactos. intégrase á perfección tanto co perfil, creando listas de inimigos, como co aspecto da rede social, sendo moi sinxelo de manexar.

6/5/09

[ollo ao piollo] tuenti redeséñase


o día pintaba mal, pero hai uns minutos o meu xesto de tristeza pasou a alegría ao iniciar sesión en tuenti coa miña conta. un novo deseño de tuenti, do que souben vía twitter, aparecía na pantalla do meu mac dándome a benvida.

Estamos sacando una nueva versión para hacer Tuenti aún mas fácil de usar.

Has sido elegido como parte de un pequeño número de usuarios para probar la primera versión beta del nuevo diseño y poder darnos tu opinión.

Por favor, ten en cuenta que está todavía en una fase temprana de desarrollo y aún puede haber algunos cambios sobre los que estamos trabajando.

Por favor, envíanos todos tus comentarios en el enlace en la barra de arriba.


o que puiden probar da nova versión gustoume. o deseño a simple vista lembra ao deseño actual de facebook, pero tamén achega novas funcionalidades e cambios: o número de fotos que aparece no perfil pasa de oito a dez, a pantalla principal mostra as primeiras palabras dos comentarios, os eventos presentan un gráfico de estatísticas, elimínase dos estados o verbo está... cando o probe máis en profundidade teredes noticias miñas.

atentos as próximas semanas!

28/4/09

[pausa publicitaria] The Spaniard

onte deixei o meu traballo como araña durante unha horiña para asistir á conferencia que deu Marcos Chamizo, exalumno da facultade, sobre publicidade en redes sociais e que organizaron os nosos compañeiros de pont-e facebook group.

a súa presentación xirou en torno á campaña que elaboraron na súa axencia para Turismo Irlanda, a primeira neste 'soporte' tanto para anunciante e axencia. a acción publicitaria realizouse en facebook, twitter, un blog e myspace, descartando tuenti por non chegar ao público obxectivo das becas anunciadas.

o protagonista da campaña é o "bicho" que vedes na imaxe superior, The Spaniard, que é un estudante en Irlanda que vai narrando toda a súa vida e viaxes por todo o territorio. as entradas do blog tiveron gran resposta e incluso servirán de base para unha nova campaña publicitaria.

segundo as palabras de Marcos, as compañías estanse subindo ao carro da publicidade en redes sociais por ser un xeito económico de publicidade. de feito, esta campaña só supuxo para a empresa contratante o custo dos soldos dos publicitarios, pois as imaxes estaban dispoñibles na rede baixo unha licenza creative commons e os xestores de contido pódense empregar de xeito gratuíto.

a campaña tivo maior interacción no perfil de twitter, seguido do de facebook, que se viu beneficiado polos cambios que realizou na súa páxina principal, do blog e por último do de myspace, que aínda que tiña moitos amigos a maioría eran spammers.

tamén nos falou doutras accións que fará a cabo a súa axencia en redes sociais e de como afrontar a búsqueda de emprego. "traballo hai, pero hai que botarlle moita cara", dixo.