28/4/09

[pausa publicitaria] The Spaniard

onte deixei o meu traballo como araña durante unha horiña para asistir á conferencia que deu Marcos Chamizo, exalumno da facultade, sobre publicidade en redes sociais e que organizaron os nosos compañeiros de pont-e facebook group.

a súa presentación xirou en torno á campaña que elaboraron na súa axencia para Turismo Irlanda, a primeira neste 'soporte' tanto para anunciante e axencia. a acción publicitaria realizouse en facebook, twitter, un blog e myspace, descartando tuenti por non chegar ao público obxectivo das becas anunciadas.

o protagonista da campaña é o "bicho" que vedes na imaxe superior, The Spaniard, que é un estudante en Irlanda que vai narrando toda a súa vida e viaxes por todo o territorio. as entradas do blog tiveron gran resposta e incluso servirán de base para unha nova campaña publicitaria.

segundo as palabras de Marcos, as compañías estanse subindo ao carro da publicidade en redes sociais por ser un xeito económico de publicidade. de feito, esta campaña só supuxo para a empresa contratante o custo dos soldos dos publicitarios, pois as imaxes estaban dispoñibles na rede baixo unha licenza creative commons e os xestores de contido pódense empregar de xeito gratuíto.

a campaña tivo maior interacción no perfil de twitter, seguido do de facebook, que se viu beneficiado polos cambios que realizou na súa páxina principal, do blog e por último do de myspace, que aínda que tiña moitos amigos a maioría eran spammers.

tamén nos falou doutras accións que fará a cabo a súa axencia en redes sociais e de como afrontar a búsqueda de emprego. "traballo hai, pero hai que botarlle moita cara", dixo.

2 comentarios:

  1. fue super interesante, Las redes sociales,nos ayudan en nuestra tarea de persuadir al publico, me encanta

    ResponderEliminar
  2. Importante! Antes de empregar o twitter pensei que era unha tontería e agora estou súper enganchada!!

    ResponderEliminar